Piteas

02/03/18

Talleres: Balonmán

GRAZAS POR VIR AO NOSO COLE!!!

Dende o cole queremos dar as grazas a David, un adestrador de balonman do Clube de Balonmán Ribadosar, que visitou durante varios días o noso cole.
 Durante catro xornadas estivo coa profe de Educación Física nas clases de 4º, 5º e 6º, introducindo á rapazada neste deporte.  Quen mellor que un adestrador para ensinar balonmán ás crianzas!
 Todos o alumndo amosou interese, algúns xa tiveran algunha toma de contacto pero para outros era a primeira vez. Portáronse moi ben durante toda a sesión!
David comezou explicándo unhas nocións teóricas e rápidamente pasamos á pista;  algún grupo ata puido rematar facendo un minipartido.
 Que mágoa que o tempo pasara tan  axiña nesta actividade!  De  tódolos xeitos, quedamos convidados e convidadas por el a participar nalgún dos adestramentos do seu clube!

Moitas grazas David, volve cando queiras :) 
Oxalá algún clube máis se anime a colaborar con nós para dotar ao alumnado dun amplo bagaxe de experiencias deportivas.
Que pasedes unha boa fin de semana!
Deica o Luns!

Deixámosvos algunhas fotos para que botedes un ollo. A ver se vos gustan!